Onde estamos?

O campamento xuvenil de Pontemaril localízase no concello de Forcarei a cabalo das parroquias de Forcarei e Dúas Igrexias

Localízase ao norte da provincia de da provincia de Pontevedra. Limita polo este con Lalín cos montes de O Testeiro e o Candán, ao nordeste con Silleda, noroestes co municipio de A Estrada suroeste con Cerdedo e xa polo sur, cos concellos de Beariz e Irixo sendo estes xa da provincia de Ourense.

Forcarei, xunto con Cerdedo e Beariz forman parte da coñecida Terra de Montes, comarca definida historicamente no século XII con caracetrísticas propias a raiz da sucesivas donacións á Sede de Iria Flavia (posteriormente pasou a ser Compostela), co Arcebispo Xelmirez quedou máis ou menos coma a coñecemos hoxe, e construindo a Torre-Fortaleza para que dende alí gobernase este territorio a través dos Xuices Merinos.


Pequena historia

Pero a historia de terra de montes ven de antes: a presenza de testemuños mostran a presencia de pequenas sociedades nas beiras do Lerez no paleolítico, petroglifos e mámoas do neolítico, actividade mineira na época do bronce, interese que chegou ata os Romanos que romanizaron a multitude de castros para esta explotación, como da agrícola e gandeira.

Cos Suevos a introducción do feudalismo o cristianismo e o sistema político-sociológica feudal. De aquí se establece a división territorial das parroquias e as comarcas toman unha importancia na estructura político relixiosa. Así, Terra de montes queda baixo a xurisdición da sede de Iria, posterior sede de Santiago de Compostela.

Outro estamento con gran influencia dentro desta comarca foi o Monasterio de Aciveiro con foros económicos e criminais propios.

Da historia moderna, a comarca tivo lugar en feitos históricos en maior ou menor medida. A destacar os feitos acontecidos na guerra pola Independencia contra os fraceses. Pese que os franceses entraron na comarca sen liortas e problemas, pronto os veciños se mobilizaron, baixo o mando de xefes locais que rellertas ailladas ou guerra de guerrillas fixéronlle fronte. As consecuencias foron duras contandose a morte de un millar de veciños.


Xeografía física e natureza

Terra de montes e un terreno montañoso labrado sobre granito xistos e gneis, limitado polas serras de o Cando, Suido, Candán, O Seixo, Costoia, Marcofán e serra do Testeiro. Varios son os ríos importantes, pero o Lerez cobra a maior importancia como eixo vertebrados da comarca.

As serras son montes de altura media, apenas superan os 1000m. Forman parte da chamada dorsal Galega, conxunto de serras que divide galicia en dous de norte a sur, que condicionan o clima tanto da comarca, como do resto de do territorio galego.


Estas serras e ríos conservan unha boa representación da natureza do territorio galego. Hábitats de montaña, bosques e medios fluviais. Así, varios son os espazos protexidos e que forman parte da rede natura 2000 e que están próximos ao campamento. tamén conservan importantes represención de medios agrícolas e gandeiros tradicionais, como poden ser as terras de Sabucedo coa crianza de gando en libertade, sendo a RAPA a máxima e espetacular representación.

Podemos destacar:
As brañas de Xestoso comprende diversos ecosistemas, nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nos herbazais dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, nas zonas de transición cara os prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.

Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia cobreira, o paporroibo, osisón, a laverca, a cobra de auga, ademais de diversas especies de ras e sapos.


Serra do Candan: Serra de mediana altitude que conta con notables extensións de matogueira e pradeiras (con afloramentos rochosos), xunto con pequenas carballeiras de Quercus robur. Ten ademais superficies de turbeiras e torgueiras con esfagno, Sphagnum pylaisii. A altura máxima do espazo é de 1.014 m s.n.m., sendo a media de 708 m s.n.m. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués.


Serra do Cando: Serra de mediana altitude que conta con notables extensións de matogueira xunto con pequenas carballeiras de Quercus robur e ripisilva. Ten ademais pequenas superficies de turbeiras e torgueiras con esfagno, Sphagnum pylaisii. A altura máxima do espazo é de 1.010 m s.n.m., sendo a media de 716 m s.n.m. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués.


Río Lérez: Nace na Serra do Candán, e atravesa a provincia de Pontevedra de lado a lado a través de 57 kilómetros de lonxitude, discurre por un val encaixado por terreos de xistos, granitos y gneises. Convén destacar os fermosos bosques de ribeira formados ás beiras do río a base de freixos ameneiros e vidueiras, e carballeiras polas ladeiras. A vexetación remata as zoas altas do val en matogueiras de breixos e toxeiras característcas tipicas do medio.
Da fauna, as augass do Lérez acollen, troitas coma peixe estrela, además doutros animais como lontras, rás, salamantiga galega ou limpafontes... Detaca unha importe variedade de paxaros, dos que podemos atopar a rapina cenicienta, cotovias, avenoiteiras cenicientas, falcóns peregrinos, picanzos rojos, alavancos reales, azores, mouchos de orejas, andoriñas de las barreras, fulepas amarillas, etc. xunto morcegos cabaliños do demo... Sen esquecer reptís como o lagarto das silvas ou cobras de colar.