Diario da campa


Quenda 7, do 17 ao 28 de agosto

27 de agosto
Excursión a Forcarei e últimas horas de Campamento

Hoxe e un día moi especial e cheo de emocións. Levantámonos co sol e con ganas, xa que en poucas horas volveremos a estar nas nosas casas asi que temos que aproveitar o máximo o tempo que nos queda xuntos.

Na saída de hoxe subimos o pobo de Forcarei, camiñando polo monte e desfrutando de esta paisaxe e formou parte de esta experiencia. Unha vez no merendeiro xogamos as grans finais de fútbol e basker¡t contra os monis

Por mor da choiva tivemos que baixar a comer o pinic o campamento e tivemos unha pequena sesión de cine. Pola noite fomos moi emocionados a festa final do campamento

26 de agosto
Hoxe tocou spartaRace de Pontemaril!!!

Novamente comenzamos o día con un actívate para coller forza e
despexar o sono

Encantounos todos os obstáculos, pero sen dúbida o s que mais gustaron foron os de auga. Xa pola tarde tivemos a oportunidade de coñecer mellor a reciclaxe grazas o noso amigo Pedro que veu a contarnos moitas cousas.

Para rematar o día xogamos as grandes finais dos campionatos de Pontemaril contra os monitores, e de momento o tempo segue respectándonos e permitíndonos seguir ca programación

25 de agosto
Último día de rotacións

Hoxe fixemos o ultimo paso por as actividades de multiaventura e pasámolo en grande.

So quedan tre días para rematar esta experiencia cargada de bos momentos, días q agardamos con moitas ganas e ilusión porque inda nos quedan moitas cousas que facer.

Seguimos gozando das veladas hoxe toca a de Pokemon e a emoción notase no campamento

Imos votar de menos as rutinas de Pontemaril


24 de agosto
Continuamos cas rotacións e ca diversión

Cada día que pasa temos máis habilidades e máis técnica, En tiro con arco melloramos a nosa puntería, en BTT cada vez facemos percorrido máis longos e en escalada xa somos uns Cracks na parede.

Seguimos desfrutando do bo tempo e de todo o que nos permite facer o aire libre.

Aprendemos xogos novos c@s monitor@s cantamos moito pero sobre todo entabóamos grandes e boas amizades que seguramente se alonguen toda a vida.



23 de agosto
Outro día soleado en Forcarei!!

Hoxe damos comezo a segunda volta das rotacións. Temos a oportunidade de prefeccionar todas as actividades, despois da toma de contacto dos primeiros días.

Ademais hoxe tamén cambiamos os grupos de actividade para rematar de coñecer a xente ca que aínda non coincidiramos.

Gústanos gozar da piscina dos xogos e as cancións. Cada día estamos content@s, Inda que tamén sabemos que cada día queda menos ……Unha gran sorte poder vir a este campamento e coñecer xente tan extraordinaria

22 de agosto
Novamente arrancamos o día con moita ilusión. Hoxe imos de
excursión.

Antes de saír por grupos cantamos e bailamos no anfiteatro con un bo actívate para coller forzas.

Pómonos en marcha e ímonos atopando diferentes probas e xogos polo camiño, a vez que desfrutando da paisaxe, a natureza e do bo tempo cos nosos compañeir@s.


21 de agosto
COMENZAMOS O DIA CON MOITA ENERXÍA COAS COREOGRÁFIAS DO ACTIVATE!!

Temos que prepararnos para os Campionatos de Pontemaril.

A Tarde, volvemos coas rotacións, e rematamos esta primeira toma de contacto cas actividades de multiaventura. Tamén gozamos moito da piscina, xa que o calor segue a acompañarnos un día máis


20 de agosto
Un día máis continuamos cas actividades de multiaventura inda nos
quenda algunhas por descubrir.

Cada dia a confianza a amizade segue crecendo e eso nótase no ben que o estamos a pasar e un dos momentos onde se demostra e desfruta de esta unión e nas veladas sen dubida o momento mais desexado de cada día

19 de agosto
Amence un novo día en Pontemaril, o tempo segue moi agradable, e cada di atemos mais confianza nos nosos compañeiros.

Hoxe continuamos cas rotacións de multiaventura con gañas de descubrir novas actividades coma Kayak polo, Slack line btt…

Ademais pola tarde gozamos todos xuntos un bo rato da piscina

Estamolo pasando xenial


18 de agosto
Comenzamos as rotacións de multiaventura e inda por riba co noso 
amigo Lorenzo deixándonos un tempo máis que idóneo para desfrutar das nosas actividades, como se ve nas fotografías.

Primeiro contacto con unha das embarcacións que imos usar este doce días, na actividade de kayak polo, primeiras sensacións de altura no rocódromo e afinamos a puntería en tiro con arco



Quenda 6, do 2 ao 13 de agosto

12 de agosto
Derradeiro dia de Campamento!!!!

Hoxe subimos ata a vila de Forcarei, mercamos provisións para a festa final larpeiradas e refrescos e xogamos as Grandes Finais dos Torneos Deportivos na cancha da vila e antes de volver o campamento xantamos na Carballeira,

Unha vez de volta na instalación aproveitamos a derradeira tarde de piscina, recollemos as nosas pertenzas na tenda para deixalo todo listo para a recollida o dia seguinte pola maña.


11 de agosto
SPARTAN RACE

Chegou o gran día da carreira de obstáculos.

O día amence soleado en Pontemaril e con el as ganas de desfrutar da Spartan Race. 



10 de agosto
Un día máis, continuamos coas rotacións que nos faltan por facer. 

Agora apuntamos mellor na diana en tiro con arco, facemos circuítos máis longos e complicados en BTT, orientámonos mellor con gps e descubrimos máis fauna e flora en sendeirismo e aula da natureza.

Unha vez que chega a noite preparámonos para a esperada velada, hoxe adicámoslla a uns seres moi especiais de debuxos animados que nos gustan moito, hoxe tivemos velada Pikachu!







9 de agosto

Continuamos coas rotacións multiaventura.

O tempo xa nos permite gozar moito máis de cada actividade, polo tanto estamos máis contentos/as. Cada día aprendemos e ensinamos cousas
novas.

Poñemos moito interese en cada unha das actividades, e o que antes non éramos capaces de facer xa nos vai saíndo mellor.

A noite é a parte do día que máis esperamos, as veladas temáticas son habituais e hoxe tivemos a de Stars Wars. Encantounos!!


  








8 de agosto 



Chega a segunda volta de rotacións no Campamento de Pontemaril.



Xa nos coñecemos todos/as mellor e xa adquirimos máis destrezas nas actividades de multiaventura. Despois da toma de contacto dos primeiros días, demos un pasiño máis en cada rotación. Desfrutamos aprendendo cousas novas.



A velada gustounos moito, xa que puidemos ver unha película de animación e desfrutar, ademais, dunha noite de terror.



7 de agosto
EXCURSIÓN Á PONTE DO CREGO

Comezamos o día con moita ilusión e con ganas de saír por primeira vez todos/as xuntos/as da instalación.

Por grupos, fomos camiñando pola ruta sinalada e realizando unha serie de probas, á vez que desfrutamos da paisaxe do contorno do río Lérez.

Unha vez que chegamos á Ponte do Crego, fixemos xogos de mesa, predeportivos e de distensión. Pasámolo moi ben, ademais o tempo permitiunos xantar e merendar na ponte.

Pola noite na velada tivemos que conquistar diferentes tipos de barcos, e despois de moito esforzo, conseguímolo!!


6 de agosto
Chegou o gran dia dos campeonatos o Campamento De Pontemaril!!!!!

Gran e Divertida maña! Abrimos os torneos deportivos con Balonmán, e Basket seguidos de Futbol, Brile , Pinpong e xadrez, e rematamos dándonos un baño na piscina.

Pola tarde viñeron a darnos uns consellos de reciclaxe e e uns grans xogos para demostrar os coñecementos de reciclaxe 





5 de agosto
Un dia mais o noso amigo Lorenzo segue sen deixar verse todo o que nos gustaría pero dende logo intención e gañas non nos faltan,

En tiro con arco a maiores dos arcos estamos mellorando cos nosos tirachinas de reciclaxe

En btt seguimos co circuíto de habilidade e velocidade




4 de agosto



Seguimos cas rotas de multiaventura, e moi o noso pesar o tempo segue
sen acompañarnos de todo, pero inda asi non nos rendemos e seguímolo intentando!!



Pola maña en lugar de escalar con corda verticalmente fixemos Boulder!! Modalidade de escalada que consiste en facer travesías laterais que e igual ou mais divertido que a tradicional escalada en corda



E pola tarde mergullámonos na contorna do campamento e fomos coñecer a flora e a fauna do rio Lérez






3 de agosto
Hoxe comenzamos as cas rotacións de multiaventura, primeiro contacto
cos dous tipos de embarcación que imos manexar estes doce días o kayak e a piragua 

Primeiras nocións de seguridade en tiro con arco mentres afinamos a puntería e lamentando moito unha nube pasaxeira impediunos desfrutar todo o que nos gustaría do rocódromo e das bicicletas de montaña





Quenda 2, do 17 ao 28 de xullo



27 de xullo
EXCURSION A FORCAREI

Isto remata!!!!

E cando nos damos conta xa estamos no penultimo dia de campamento, subimos a forcarei para facer as compras para a festa final de despedida, xogar na cancha do pobo as grandes finais dos torneos contra a equipa de monitores e ca expectación dos/das veciñ@s de forcarei que se achegaron ata onda nos o escoitar tanta xente nova


26 de xullo
SPARTAN RACE
Gran carreira de obstaculos a que vai acontecer hoxe no campamento de Pontemaril, a equipa de monitor@s levaban un ano investigando e fixandose nas SPARTANRACE de toda a Xeografia galega para facer a millor de todas, ata conseguimos ter o noo propio foso de barro!!!








25 de xullo
POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!!




Saimos da instalación pola veira do rio lerez, en pequenos grupos para asi poder disfrutar mais da paisaxe e a contorna e tendo mais posibilidades de ver algo de fauna autoctona, xantamos na area recreativa do ponte do crego e disfrutamos do rio na zona de baño, os días cada vez pasan mais rápidos e cando nos damos conta tempos que recoller os bartulos e regresar o campamento



24 de xullo
Risas, risas e máis risas, abrazos, sons, cancions, amizade.

Os diías vanse notando e a unión cada vez e maior, tanto entre acampados coma entre acampados e equipa de monitores, seguimos avanzando e descubrindo cousas novas! 



23 de xullo



Empezamos o día remando paleando escalando e disparando co arco que xa atemos dominado coma Gillermo Tell




No comedor repoñemos forza para poder ca tarde que nos espera.



Eos super héroes chegaron para facer unha gran velada e divertirnos co xogo que nos organizaron pola noite.








22 de xullo
A medida que pasan os días seguimos perfeccionando as nosas técnicas. Escalamos máis alto , afinamos a nosa puntería e as nosas piraguas xa collen unha velocidade.

No noso contorno descubrimos novas especies entre a fauna e a flora, orientámonos sen problema e os nosos pes non paran de camiñar.



21 de xullo



Comenzaron os Torneos deportivos en pontemaril!

Para escorrentar o frío e ir quecendo o corpo para os Torneos fixemos un Activate. Comenzamos os cruces dos equipos e segundo van pasando rondas achéganse as grandes finais contra a equipa de monitor@s, que serán o ultimo día na excursión a Forcarei.


Rematadas as clasificacións dos torneos pola maña, seguimos a tarde co resto de actividades, como sempre as actividades que máis sensación causan son skate slack line e kindball






20 de xullo
Aínda que o tempo non nos acompañe moito seguimos dispostos a
pásalo ben, seguimos remando na piscina no rio con Sol ou sin el.


Buscamos o equilibrio con slack line, ca bici de montaña e co skate. Cantamos e camiñamos, coñecemos e aprendemos da nosa contorna.



A música acompáñanos mentres escalamos no rocódromo e apuntamos cos arcos

19 de xullo
Parece que hoxe o ceo esta un pouquiño enfadado, xa que deixou caer algunha bagoa en forma de orballo, o cal non vai impedir que desfrutemos e o pasemos en grande un par de axustes nas actividades e a diversión continua, non temos tregua para o aburrimento!


O final ca chegada da tarde chegou o sol e puidemos aproveitar a piscina, e esquecernos da chuvia da maña



Día 18
No día de hoxe imos comenzar ca batería de actividades de multiaventura a cal seguiremos ata o dia da excursión, Escalada BTT
e piragüismo no Lerez as actividades da maña que maior sensación levantan entre os participantes xunto con slack line e kind ball das actividades da tarde


Primeiro dia completo de campamento o cal nos deixou un sabor agridoce xa que o pasamos moi ben pero e un día menos de campamento que nos queda por desfrutar…


Día 17
Comenzamos a nosa gran aventura na natureza recibimos a 140 nenas e nenos con moitas gañas de divertirse e pásalo xenial o longo dos doce días no Campamento Xuvenil de Pontemaril.

Hoxe non tivemos para mais que, a presentación da equipa de monitores una par de xogos para abrir apetito antes da cea e como non pode ser douto xeito a velada antes de irnos para a cama e coller forza para empezar as actividades con enerxía





Quenda 1, do 1 ao 12 de xullo

Día 11 de xullo
Xa no ultimo día, agora si que si, chega o final do campamento. 

Para despedirnos de Forcarei imos ir de excursión, saíndo en pequenos grupos de 15 rapaces e dous monitores. Os rapaces van camiñando como se foran solos buscando as pistas e facendo as probas que van encontrando polo camiño. Unha vez en Forcarei dispoñen de una hora libre para que merquen chucharías e refrescos.

Xa apola tarde toca limpeza, primeiro facer una batida para deixar ben limpa a instalación, logo ir recoller as tendas e facer mochilas para telas case feitas para mañá. Tamén desfrutan dun baño na piscina antes de merendar.

Despois da merenda teñen tempo para preparar a ultima velada, a velada dos talentos e logo festa de despedida de Forcarei, una festa bañada en choros de despedida, xa comezan a botarse de menos uns a outros.


Día 10 de xullo
O galo canta, a galiña chora…. Bos días rapazada, así toca despertarse hoxe para ir a almorzar ben descansados.

Xa se nota nos pequenos corpos dos rapaces o cansancio de levar 9 días de actividades sen parar, hoxe toca ir polo 10º día. E hoxe é un día movidito xa que volven as competicións deportivas a Forcarei, esta vez son os campionatos de fútbol, baloncesto, brilet.

Pola tarde volven as rotación rematando algún grupo as novas camisetas que van levar a casa tinxidas. Ben, quen di camisetas di pantalóns, calcetíns….

Todo o día levan pensando que hoxe iba tocar a velada do terror, pero dimos a sorpresa cunha nova velada diferente: “a escola de ninjas”, onde terán que poñer a proba as súas habilidades.


Día 9 de xullo
Hoxe despertamos a ritmo dos Rolling Stones, se despertan os rapaces escoitando os Rolling Stone para animalos para ir o comedor a
almorzar. Hoxe notase o cansancio nos pequenos corpos, xa levamos 9 días de actividades sen parar. E hoxe nn vai ser diferente, xa que seguimos rotando polas actividades o longo de todo o día.

Hoxe fai moita calor, Forcarei está a sorprender co ben que nos está a cuidar con este calorcete. Pero todo se soluciona cun bo baño na piscina antes de merendar, refrescounos o suficiente para merendar fresquiños y así ir a seguinte actividade moito mais frescos.

Pola noite xogaron a velada da “captura das bandeiras” que un equipo contra outro teñen que conseguir capturar a bandeira sin ser pillados no campo contrario. Despóis de estar a correr por todo a campa durante a velada, van para as tendas con ganas de descansar e durmir para que chegue outro novo día.



8 de xullo

Bos días pola maña, xa estamos a día oito de campamento e o sol sigue sobre as nosas cabezas, isto é o nunca visto. Forcarei quero os rapaces e os cuida saíndo o sol todo-los días.

Hoxe a parte das actividades que desfrutan todos os días comezan as fases de grupos de la Forcareis Cups de brilet, balonces e fútbol. Todos os partidos de liguilla xóganse no tempo libre, mentres que xa as eliminatorias hasta a final se xogan o penúltimo día nos campionatos de Forcarei. Os primeiros partidos xogáronse con moito fair play y compañeirismo entre xogadores. Como van estes rapaces que xa lles gañaron o equipo de monitores en Baloncesto.

O resto do día o pasaron nas actividades rotando polas diferentes actividades para asi pasar por segunda vez por ela.

Hoxe o rematar o día xa se notan os 8 días nos seus pequenos corpos incansables hasta hoxe, que algún xa estaba a durmir mentres o seu monitor de tendal lle facía a visita para falar de coma foi o día. Así que hoxe toca durmir e coller moitas forzas para afrontar o seguinte día de campa.

Boas noites Forcarei.


7 de xullo
E alá vai o quinto día e xa imos a polo sexto día. Un sexto día totalmente novedoso en Forcarei, despois de 5 días de campamento
rotando polas actividades toca facer una escapada do campamento e irnos de ruta e comer fora. O día non prometía moito pola ameaza de tormenta pola zona, lo que nos fixo facer una ruta próxima a instalación por si nos pillaba fora. Antes de saír, fixemos una limpeza do campamento, para telo como o primeiro día, impecable.

Xa nos dispoñemos a saír para dirixirnos o Merendeiro onde imos comer e darnos un bañito antes de comer para refrescar este calor tormentoso que nos acompaña no día de hoxe. Xa rematando de comer empezan a escoitarse os primeiros tronos lo que nos fai comezar a mobilizarnos para non mollarnos moito si nos colle alí. Chegamos a instalación para comer a merenda e facer actividades alternativas pola ameaza de tormenta. E xa, como se voase o día ímonos a duchas e a coller o móbil para falar coas nais e pais. E xa en nada as nove e toca cear para coller forzas para xogar a velada.



Xogan na velada e o pasan pipa correndo polas campas coa luz das súas lanternas, rematada a velada xa notan o cansazo e van para as tendas a recibir as boas noites dos monitores e a durmir a coller forzas para maña.





6 de xullo
O día da excursión, na que imos de ruta. Antes de saír da instalación e 
dispoñernos a andar, facemos una batida para limpar o campamento para deixalo como o atopamos, limpo. Unha vez concluída a limpeza nos imos a formar a fila para comezar a ruta. No pasamos a maña de ruta para chegar o merdeiro onde imos comer de picnic e pasar o medio día.



Unha vez rematamos de comer comeza escoitarse que se aproxima unha tormenta, o que implica recoller e dirixirnos o campamento por precaución para que non nos colla a chuvia de camiño.



Una vez chegados e os rapaces o anfiteatro lles comunicamos o que imos facer de tarde e rematamos a tarde.



A noite se poñen a facer a velada, hoxe una velada máis relaxada na que tamén disfrutaron da noite. Unha vez rematada se foron para cama.




5 de xullo
Bos días nais e pais, hoxe os rapaces desfrutaron dunha maña de olimpiadas, nas que practicaron diferentes modalidades deportivas. 


A parte de participar en las diferentes modalidades deportivas, tamén lles tocou deseñar o seu uniforme, a bandeira que os representa, como un grito de guerra de equipo.

Xa pola tarde volvemos a rutina, retornamos as actividades habituais do campa. Os nenos xa se ven máis centrados no campa e esquecéndose de que votan de menos os seus pais.

Xa a noite, como todas as noites xogaron a velada, gran xogo que cada día lles gusta máis e desexan cada vez máis a hora de comezar a xogar.


4 de xullo
Xa levamos catro días de campamento, os rapaces e rapazas están integrados na rutina do campamento, xa as caras que abundan son as de alegría como se levaran toda una vida independizados.

O sol e o calor parece que xa se instalou en Pontemaril para desfrutar ainda máis de todas as actividades. Gozando pola mañá de rocódromo, piragua, kaiak polo, tiro con arco e orientación. Mentres que pola tarde fixeron slack line, kin ball, skate, stop motion e fotografía.

Xa pola noite se prepararon para a velada, na que a estratexia ven sendo a parte fundamental do xogo para poder conseguir o maior número de bases posibles. Unha vez rematado o xogo os mandamos as tendas, onde os seus monitores van dar as boas noites e a falar un pouco con eles como todos os días.

Boas noites, hasta mañá.


3 de xullo

No día de hoxe despois dun almorzo enerxético, diríxense as diferentes
actividades. Pola mañá desfrutan dos magníficos sendeiros que temos o
redor do campamento, os novos escaladores se dispoñen a escalar o noso rocódromo para observar dende as alturas o campamento. Os rapaces seguen adestrando a súa técnica e puntería co arco, mentres outros gozan e practican coas bicicletas facendo simulacións do Tour de Francia.

Despois de comer e do seu tempo libre pasando por una boa cepillada de dentes comezan as actividades da tarde onde practicaran o seu equilibrio, tanto por una cincha (slack line) ou montados en monopatins ou patins (skate). Tamén colleron algo de conciencia aprendendo a reciclar ou reaproveitar materiais que nos da a natureza ou mesma mente o que nos desbotamos. E mentres ocorría isto, o fondo da pista se ven balóns xigantes voar polos aires, cousa rara, ¿que pasara?¿novo deporte? Si están a xogar o Kinball onde se lo están pasando xenial probando novas actividades.

E xa pola noite e ben ceadiños, os rapaces afrontan a ultima actividade do día, a velada onde esta vez xogaran vario grupos entre eles, ¿cal será a gañador de este ano?......



2 de xullo

No día de hoxe, primeiro día de campamento, Pontemaril nos desperta cun día de sol e calorciño, onde os rapaces se dispoñen a almorzar para recargar a pouca enerxía que gastaron o primeiro día e así afrontar un novo día de actividades.

Hoxe puideron navegar polas tranquilas augas do río Lérez; probar as bicicletas e notar as sensación de montar nunha bicicleta na que nunca antes habían rodado; probar as súas artes de caza probando puntería en tiro con arco; tamén probaron as súas dotes artísticas na elaboración de cabanas con materiais que a natureza nos aporta.

Merendaron despois dun bo baño na piscina onde se refrescaron do pouco calor que nos ofreceu este bonito paraxe.

Para rematar o día fixeron a velada de “caza do monitor” onde tiñan que atopar os monitores agochados pola instalación. O rematar os rapaces e rapazas se van para o saco a descansar para coller forzas para un novo día.

Boas noites e hasta mañá.




1 de xullo 
Comeza á aventura. Nun primeiro día os nervos e as ansias, pero cos

primeiros contactos cos compañeiros/as e os monitores/as, vanse indo as bolboretas que levamos dentro







6 comentarios:

  1. Bos días, xa vemos que os rapaces estan cos días moi completos de actividades. Pasádeo ven e grazas por amosarnos as vosas aventuras.

    ResponderEliminar
  2. Ya de vuelta en casa y todos encantados ella con lo genial que se lo paso en vuestro campamento y nosotros por lo feliz y contenta que regreso gracias por vuestra dedicacion.

    ResponderEliminar
  3. O nosotros tamen chegou encantado, non para de faltar, de cantar e contar todo o que fixeron... Motos gracias por todo

    ResponderEliminar
  4. Estaría moi Ben que se actualizara o contido mais a miudo. Un diario debería ser un diario... Para que, os que temos o detalle de mandar ós nosos fillos sen móvil e non chamar todolos días tiveramos algún contido para saber de eles. Xa cando estén na casa non ten mountain importancia o diario.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. No consigo ver las fotos del campamento actual, solo los comentarios...alguien me puede ayudar ???

    ResponderEliminar