Deixamos atrás o mes de xullo, que é algo máis que un cambio de mes, é un cambio da dinámica do campamento.
Deixamos atrás aos máis pequenos, que os deixamos ata o ano próximo. As instalacións tiveron un descanso, despois de estar 28 días con rapaces.
Iniciamos a quenda 6, a primeira das dúas que nos quedan de agosto.
ALÁ IMOS!!!!!
Chegou o día. É 1 de xullo e íase notando durante a mañá que algo estaba mudando nas beiras do Lérez, ao seu paso por Terra de Montes.
Primeiro o bule-bule dos monitores, anunciaba aos habituais da chegada dos raparigos e raparigas que van a participar na CAMPAÑA DE VERÁN 2017.
Ás 4 do serán xa tiñamos a nenas e nenos, a pais e nais enchendo de, se ven non son novos neste entorno, de sons que facía tempo que non se escoitaban.
Con este blog queremos ir informando do estes aventureiros/as van a facer e descubrir.
Cada equipa ten a súa páxina e nos irán contando ese acontecementos (Aventura en Forcarei e a miña primeira aventura).
QUE COMECE A AVENTURA!!!!... en FORCAREI